Ence chega ao Parlamento: o PP di que non hai plan B para o emprego, o PSOE pide diálogo e o BNG, sacar a fábrica da ría
Por Manu Otero
O debate político pola continuidade de Ence na ría e o mantemento dos postos de traballo continúa. Este mércores, por unha banda, concelleiros do PP de Pontevedra reuníronse con representantes do comité de empresa da fábrica de Lourizán. Por outro, no Parlamento debateuse o futuro da planta, na que o grupo parlamentario do PSdeG pediu diálogo para chegar a un acordo, mentres o BNG defende a saída da ría e os populares só preocúpanse pola conservación do emprego.
E no medio de todo o conflito, o sector de Comisións Obreiras convoca unha nova mobilización dos traballadores para este venres ás 11.30 horas fronte á sede da Deputación de Pontevedra.
A xornada comezou co encontro do popular Rafa Domínguez, acompañado polos edís Pablo Fernández e Pepa Pardo, con delegados do comité de fábrica da empresa aos que lle trasladou a súa preocupación polo futuro dos traballadores. "Temos que apostar pola creación de emprego, pero BNG e PSOE propuxéronse destruír o traballo que hai na cidade", criticou o líder da oposición, quen considera que "a empresa non se vai, á empresa bótana".
Domínguez referiuse tamén para o efecto dominou que pode desencadear a marcha de Ence. "Case 250 empresas de Pontevedra dependen de Ence, que é o segundo comprador de madeira en Galicia. É demoledor o impacto que terá na cidade o peche", aseverou ao mesmo tempo que remarcaba o seu compromiso por trasladar a preocupación dos traballadores á Xunta, aínda que lamenta que "nin o Goberno nin o Concello están polo labor".
Xa no Parlamento Galego, a viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento Galego, Paloma Castro, fixo un chamamento ao diálogo despois de que o BNG rexeitase a emenda do PSOE para pedir unha mesa de negociación que inclúa a todas as partes. "Esqueceuse de incluír ao Concello de Pontevedra na Mesa de Negociación sobre ou futuro de Ence”, dixo a parlamentaria pontevedresa sobre a formulación do grupo nacionalista.
Castro lamenta que o PP empregue a "incerteza xurídica" na que se encuntra a pasteira para " facer política" contra o Goberno central. Neste sentido, subliñou que a nova Lei do Cambio Climático non afectará á continuidade da fábrica, pero si a "prórroga chapuceira concedida por Rajoy cando estaba en funcións". Por iso, pide tamén á Xunta que se implique no conflito para, entre todos, atopar unha solución que evite a marcha de Ence de Galicia.
O intercambio de pareceres orixinouse no debate da proposición non de lei dos nacionalistas, que piden un acordo para que Xunta, Estado, sindicatos e Ence negocien a saída da fábrica da ría de Pontevedra.
O portavoz nacionalista Luís Bará acusou o Partido Popular de "traizoar a Pontevedra" ao cambiar de postura despois de defender durante cinco anos o traslado da pasteira. "O BNG é coherente", argumentou. Neste sentido, os nacionalistas consideran que debe ser a Xunta a que lidere a mesa de negociación para o traslado da fábrica porque "ten competencias para facelo".
O deputado marinense Manuel Santos foi o encargado de defender a postura do grupo parlamentario do PP. Dixo á oposición que "o único que pretenden é que Ence se peche, sen outra solución sen preocuparse en absoluto polos milleiros de postos de traballos que se perden". Admitiu Santos que a "localización da empresa tampouco nos gusta", pero considera que no contexto económico actual "o que menos interesa é o peche de Ence e deixar sen amparo laboral e económico a milleiros de familias".
Doutra banda, quixo despexar calquera tipo de dúbida sobre o risco ambiental da fábrica. "A Xunta está sendo totalmente estrita na esixencia do cumprimento de todos vos parámetros medioambientais e de seguridade", resolveu.
Relacionadas:
-
O comité de empresa de Ence reclama ao Goberno que inicie xa a negociación sobre o futuro da factoría
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Bará acusa o PP e a ENCE de usar empresas de mar-industria como "escudo humano"
Por Redacción |
-
Chío en galego da ministra Teresa Ribera defendendo a Lei do Cambio Climático: "Non mintan nin asusten á xente"
Por Redacción |
-
Traballadores de Ence concéntranse fronte á Deputación durante a celebración do pleno
Por Manu Otero |
-
Lores asistirá "por cortesía" á mesa de traballo de ENCE pero non ve "imprescindible" a súa presenza
Por Alejandro Espiño |
-
O presidente de Zona Franca ofrécese a participar na mesa sobre Ence e afirma que "non pode seguir na Ría de Pontevedra"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A Xunta aínda non foi convocada para participar nunha mesa de diálogo sobre ENCE
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A corporación condena a "violencia" de ENCE e declara o seu presidente "non grato" en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Comisións Obreiras confía na ministra Ribera e rebaixará a intensidade das mobilizacións no conflito de ENCE
Por Oskar Viéitez |