Un pontevedrés entre os cinco finalistas máis votados na categoría viaxes dos Influencer Award Spain
Por Oskar Viéitez
Os influencer Awards Spain contan con varias categorías, como Moda, Beleza, Viaxes, Fotografía, Actualidade etc. Trátase dunha convocatoria pública para recoñecer o valor e traballo dos nosos influencers nacionais. Dentro destas categorías, todo o mundo é libre de votar ao seu creador de contido favorito, dando paso aos 5 máis votados, que se converten en finalistas e un xurado decidirá o gañador nunha cerimonia dixital.
Na categoría viaxes, atopámonos dentro dos 5 máis votados de España, Alberto Ribas, un finalista de Pontevedra.
Alberto Ribas (coñecido como @alvientooo), leva dedicándose profesionalmente como blogger desde fai máis de seis anos co seu blogue www.alvientooo.com
Alberto Ribas está especializado en turismo e gastronomía. Colaborou ao longo destes anos con campañas de promoción con destinos tanto nacionais como internacionais entre os que cabe destacar Portugal, México, Italia ou Colombia entre outros. No seu blogue pódese atopar ademais moito contido sobre Galicia e España en xeral.
Sen dúbida cada vez máis persoas guíanse polas tendencias e as redes sociais son un gran escaparate para as marcas, onde estes creadores de contido, poden ser un apoio moi grande para estas empresas nun mundo dixitalizado e cheo de contido audiovisual.
Este xoves 25 de marzo levará a cabo a emisión da cerimonia de entrega de premios ás 20:00 horas, e toda a información e novidades pódense ver na páxina oficial dos premios.