Cónclave dos bispos galegos no Mosteiro de Poio
Por Redacción
Os bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago volven celebrar no Mosteiro de Poio unha das súas habituais reunións. Presididos polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, manterán un encontro de traballo e coordinación durante os dous próximos días, luns 23 e martes 24 de setembro.
Os bispos que integran a provincia eclesiástica son Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela; Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo; Manuel Sánchez Monge, bispo de Mondoñedo-Ferrol; Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo; e José Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense. Igualmente, participa na reunión o Secretario da Provincia Eclesiástica, José Andrés Fernández Farto.
Trátase dunha xuntanza na que se van tratar numerosos temas relacionados coa pastoral nas dióceses e que, ben polo seu carácter interdiocesano ou ben por harmonizar a pastoral entre as dióceses da mesma provincia, convén que sexan abordados de xeito conxunto.