Concello e ambulantes alcanzan un acordo para seguir celebrando a feira en Barro
Por Redacción
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Galicia e o Concello de Barro alcanzou este xoves un acordo que permitirá seguir celebrando a populosa feira de Barro os domingos pola tarde.
A secretaria da Plataforma Galega de Vendedores Ambulantes, María Maia, mostrou publicamente "a satisfacción ao cen por cen dos vendedores ambulantes que exercen o seu traballo na feira de Barro polo acordo alcanzado".
"Tamén temos constancia de que veciños e comercios establecidos do municipio de Barro mostraron a súa satisfacción co acordo alcanzado", engadiu esta voceira.
Os ambulantes mostráronse agradecidos por este acordo que "garante que 300 familias que viven directa ou indirectamente manteñan o seu posto de traballo".
Estes mesmos voceiros desexan que este mercado "siga sendo un referente en Galicia en movemento económico e asistencia de público e dando unha gran vida social cada vez que se celebra a feira os domingos pola tarde" para o que ratifican a súa vontade de "cumprir coa legalidade esixida".
Relacionadas:
-
O Concello de Barro asumirá en 2017 a xestión directa do "mercadillo" ambulante
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Barro dá marcha atrás e permite a celebración da Feira dominical
Por Redacción |
-
Os ambulantes ameazan con asistir este domingo á cancelada Feira de Barro
Por Redacción |
-
Barro queda tres meses sen o seu mercado ambulante
Por Diego Espiño |