A escola infantil de Vilaxoan obtén unha mención nos premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia do 2020
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O proxecto arquitectónico da Escola Infantil de Vilaxoán, encargado polo Concello de Vilagarcía ao arquitecto Iago Fernández Puentes, obtén unha mención nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 convocados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Non é o primeiro recoñecemento que obtén a obra, xa no 2019 concedéuselle un accésit nos Premios Juana de Vega de Intervención na Paisaxe.
O alcalde Alberto Varela felicitou publicamente a Iago Fernández e congratulouse de que o nome de Vilagarcía soe en Galicia a través destes premios e desta obra como exemplo da boa arquitectura e das intervencións urbanísticas de calidade. Ambos os recoñecementos poñen en valor as características e calidade do conxunto da obra en termos arquitectónicos, de estética, de adaptación á contorna e de funcionalidade cara a actividade para a que foi concibido o proxecto: albergar unha escola infantil.
A Escola Infantil de Vilaxoán foi unha obra promovida polo Concello e encargada a Iago Fernández Puentes. O proxecto recibiu numerosos eloxios desde o momento no que se presentou sobre o papel, e máis aínda, cando a obra veu completamente finalizada e encaixada na contorna. Os recoñecementos nestes dous premios veñen confirmar esas primeiras impresións.
Fernández Puentes é o autor doutro proxecto promovido polo Concello, a construción do albergue de peregrinos de Carril, un deseño que tamén pretende sobresaír pola súa calidade estética,construtiva e funcional.
Relacionadas:
-
Carril xa presume do único albergue público da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e fluvial do Camiño de Santiago
Por Redacción |
-
En agosto estarán finalizadas as obras do albergue de Carril
Por Redacción |
-
Vilagarcía investirá 700.000 euros da Deputación nunha escola infantil para Vilaxoán
Por Redacción |