O Sergas mellorará a accesibilidade no centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía
Por Redacción
O Sergas tramita a mellora na accesibilidade do centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía.
O proxecto, que acaba de concluír o prazo de presentación de ofertas con dúas empresas interesadas en realizar a obra, contempla a instalación dun ascensor con capacidad para el traslado de camas e un sistema de acceso con portas automáticas na entrada principal.
A intervención tamén servirá para reformar de forma integral o vestíbulo de entrada do edificio asistencial, unha actuación que lle proporcionará unha mellor accesibilidade e funcionalidade. Así mesmo, a obra procederá á dotación de novos aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida.
O orzamento de licitación do proxecto rolda os 300.000 euros.