Rescatan un condutor atrapado nun coche accidentado en Cuntis
Por Oskar Viéitez
O ocupante dun turismo necesita a axuda dos bombeiros para saír dun coche accidentado en Cuntis
A saída de vía dun vehículo na N-640 obrigou a intervir aos bombeiros para liberar ao ocupante, un veciño da localidade coruñesa de Carnota que estaba atrapado no interior por unha perna.
O 112 Galicia rexistrou o sinistro minutos antes das sete da mañá deste mércores, tal e como indicou unha testemuña mediante a súa chamada de alerta.
A partir de aí, activouse un operativo no que deberon participar os Bombeiros do Salnés, así como os membros do GES da Estrada, para liberar ao condutor, que tiña unha perna atrapada. Unha vez fóra do coche, a persoa puido ser atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.
Cómpre recordar que o accidente produciuse na N640, na coñecida recta da Anllada, onde o condutor perdeu o control do vehículo e saíuse da vía.
Ademais dos bombeiros e sanitarios, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil da localidade e persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento debido aos danos provocados polo impacto. En concreto, resultou afectado un farol, tal e como comprobaron as autoridades locais.
Relacionadas:
-
A pandemia chegou para revolucionar e acaparar a actividade de Protección Civil de Cuntis
Por Natalia Puga |
-
A provincia rexistrou en 2020 a mesma siniestralidade mortal que o ano anterior a pesar da redución da mobilidade viaria
Por Oskar Viéitez |
-
Catro feridos en dous accidentes case simultáneos en Cuntis
Por Redacción |
-
Un ciclista de 41 anos, ferido grave tras ser atropelado en Cuntis
Por Redacción |
-
Tres persoas feridas, unha de gravidade, nun accidente na recta da Anllada, en Cuntis
Por Redacción |