Ana Pastor reclama desde Pontevedra unha distribución "equitativa y rápida" da vacina
Por Redacción
Para o Partido Popular o inicio da vacinación da covid-19 supuxo un "día de gran esperanza" aínda que reclaman ao Goberno que haxa unha distribución "equitativa y rápida" da vacina e que non haxa dezasete plans diferentes, un por cada comunidade autónoma.
"No puede haber un ciudadano que tenga menos oportunidades de vacunación que otro", afirmou desde Pontevedra a vicesecretaria de Política Social, Ana Pastor, que celebrou que en menos dun ano podamos contar cunha vacina "segura y eficaz".
Pastor animou aos cidadáns para vacinarse porque as vacinas "han salvado miles de vidas" e pediulles pide que "confíen en el sistema sanitario y en la ciencia".
A este respecto, a dirixente do PP espera que os españois fagan un "esfuerzo más" e manteñan as medidas de protección establecidas porque "cuidarse a uno mismo es también cuidar a los demás".
"Hasta que no esté vacunada una inmensa mayoría de españoles, seguirá habiendo una situación de riesgo", advertiu Ana Pastor, que foi moi crítica co Goberno.
A eles esixiulles que "en vez de poner unas etiquetas XXL" nas caixas das vacinas, dediquen o seu esforzo para facer unha "gestión eficaz" da distribución e que non se atribúa uns éxitos "que no son de ellos" senón que se deben a sanitarios e científicos.
Relacionadas:
-
Nieves Cabo, primeira galega en recibir a vacina da covid-19: "Estou contentísima"
Por Alejandro Espiño |
-
Cinco hospitalizados máis por covid-19 en Pontevedra nun día de Nadal con 38 contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade prevé iniciar o 29 de decembro a vacinación da covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |