A concentración moteira xunta en Sanxenxo a unhas 15.000 persoas
Por Redacción
A Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas Sanxenxo foi todo un éxito segundo valoran dende a organización cuxos calculos sitúan en 15.000 as persoas que acudiron a este evento.
Xunto a esta participación masiva dende o Concello tamén valoraron positivamente que a concentración se desenvolvese sen incidentes. Neste sentido a Policía Local destacou que apuntou que apenas houbo alcoholemias positivas.
Os responsables do Motoclub Amigos da Moto mostráronse satisfeitos por fallar nos seus prognósticos iniciais que estimaban un descenso na participación debido á crise.
O espectáculo moteiro percorreu o domingo as estradas do Salnés nunha excursión a Ribadumia.