Unha muller de 72 anos ingresada en Pontevedra, vítima 52 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga
Un total de 52 persoas faleceron xa na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés por covid-19. Delas, 36 perderon a vida na última onda da pandemia, desde o verán, mentres que 16 pereceran na primeira onda que comezou na primavera.
A vítima número 52 foi unha muller de 72 que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o coñecido como CHOP, de Pontevedra, en concreto, no Hospital Montecelo, segundo confirmaron desde o Servizo Galego de Saúde. Non transcendeu se estaba ingresada en planta ou na UCI.
Esta muller tiña, segundo fontes oficiais, patoloxías previas a esta enfermidade. Tamén a tiñan as outras 11 persoas que este venres faleceron en toda Galicia tras ser diagnosticadas por coronavirus.
Do total de 12 falecidos, cinco eran da provincia de Pontevedra. Ademais desta muller ingresada en Pontevedra, faleceron un home de 79 anos e unha muller de 93 que estaban ingresados no CHUVI de Vigo e dúas mulleres de 103 e 87 que estaban ingresadas na residencia Ballesol de Vigo
Ademais, faleceron catro homes de 82, 81, 72 e 86 anos no Hospital de Ferrol, dous homes de 93 e 87 ingresados no CHUAC da Coruña e un home de 92 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Este venres había, no último balance oficial realizado polo Servizo Galego de Saúde, 1.200 casos activos de covid-19 na área sanitaria e Pontevedra e O Salnés. Son catorce menos que o xoves e nas últimas 24 horas rexistráronse 51 novos contagios.
Os hospitalizados aumentan lixeiramente. Antes de coñecerse este último falecemento, había 62 pacientes ingresados nos tres centros de referencia para a covid-19 nesta área sanitaria. A maior parte deles, un total de 46, ingresados en planta do Hospital Montecelo. Cinco están no Hospital do Salnés e catro no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. Outras sete persoas, as máis graves, atopábanse no momento do último balance ingresadas na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
Relacionadas:
-
A pandemia deixa xa 53 mortos na área sanitaria tras falecer un home de 79 anos no Hospital Domínguez
Por Natalia Puga |
-
Baixan os pacientes hospitalizados e os casos activos na área sanitaria, pero os novos contaxios non frean: 55 nun día
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria ten 1.200 casos activos por covid-19 tras 51 novos contaxios e 66 recuperaciones
Por Alejandro Espiño |
-
Falece un home de 70 anos ingresado no CHOP, a vítima 51 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |