Os arquitectos da provincia premian ao Centro Cultural Lérez e a Estación Marítima de Vilanova
Por Redacción
O decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, fixo público este xoves o fallo da décimo primeira edición dos premios 'Gran de Area' de aportación á Arquitectura 2013, que organizan conxuntamente as Delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio de Arquitectos. O acto tivo lugar na sede viguesa, no marco da Xunta de Goberno da institución, no que participaron os presidentes das delegacións de Vigo, Antonio Davila, e Pontevedra, Manuel Abelleira.
O xurado premiou ao Centro Cultural Lérez deseño do arquitecto, Jorge Rodríguez e dúas obras do arquitecto pontevedrés Ángel Cid Carballo, a Estación Marítima e a Reforma e ampliación da lonxa, as dúas en Vilanova. Ademáis tamén premian o deseño dunha vivenda en Vilagarcía feito polos arquitectos: Wenceslao López Velasco e Alberto Reiriz Paz.
Os premios Gran de Area de aportación a Arquitectura son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios nas obras e proxectos de calidade desenvoltos na demarcación.