O alcalde de Vilaboa, positivo por covid-19, apúntase ao teletraballo
Por Redacción
O alcalde de Vilaboa, César Poza, acaba de dar positivo por covid-19 nunha proba PCR que lle realizaron. Como consecuencia da enfermidade, seguindo as obrigas sanitarias en caso de contaxio, estará en corentena e terá que apuntarse ao teletraballo.
O Concello de Vilaboa confirmou que os seus síntomas son leves e atópase ben de saúde e en condicións para teletraballar desde a casa, onde recibirá seguimento domiciliario por parte dos profesionais sanitarios.
Este positivo obrígao a ausentarse presencialmente da Alcaldía de Vilaboa durante os vindeiros, pero o goberno local garante que a Alcaldía continuará funcionando ao mesmo ritmo.
Fontes oficiais confirmaron que o grupo de goberno mantivo o luns a súa habitual reunión de traballo e, de momento, tan só César Poza deu positivo. Descoñece cando e onde se puido producir o contaxio.
Desde o Concello de Vilaboa recordan que seguir as medidas de protección evitan que a propagación sexa maior.
Relacionadas:
-
César Poza, tras días hospitalizado por covid-19: “Por moitas medidas que se tomen, se non somos responsables, non van ter éxito”
Por Natalia Puga |
-
Novo gromo de covid-19 en Montecelo: tres profesionais de Pneumoloxía, contaxiados
Por Redacción |
-
Baixan a sete os concellos da área sanitaria en alerta vermella por alta incidencia de covid-19
Por Natalia Puga |