O BNG de Marín alerta do mal estado da piscina municipal
Por Redacción
O estado no que se atopan as instalacións da piscina municipal de Marín motivaron as críticas este xoves do BNG local.
Segundo a portavoz da formación nacionalista, Lucía Santos, a piscina arrastra unha serie de deficiencias "por falta de mantemento".
O BNG, que trasladou a situación ao goberno local, concreta esas deficiencias na existencia de tubos de ventilación rotos, paredes en mal estado ou con machas de humidade, tramos de tarima do chan levantada ou as duchas en mal estado e "cheas de óxido" nas que non funciona a auga quente ou a cuberta da piscina tamén oxidada e con manchas.
Por todo isto a formación solicitou ao Concello que interceda ante a empresa concesionaria da piscina instándolle a que realice as melloras necesarias.