A campaña do 25-N será telemática en Campo Lameiro con titoriais e vídeos de sensibilización
Por Redacción
A pandemia da covid-19 obrigou a mudar os plans do Concello de Campo Lameiro con respecto á súa campaña polo 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. Todos os actos serán telemáticos ante as actuais restricións.
Así o avanzaron o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, e as concelleiras de Igualdade, Delia Carramal, e de Servizos Sociais, Nieves Boullosa, que presentaron a campaña de sensibilización cidadá que vaise a desenvolver durante todo este mes de novembro.
A oferta xirará en torno a cursos de teleformación, actividades telemáticas e "titoriais" sobre autodefensa persoal feminina con vídeos explicativos que serán distribuídos a través das redes sociais e a páxina web municipal.
O programa presentado contempla, entre outras actividades, un curso de teleformación titulado "Como evitar relacións tóxicas", que terá lugar o vindeiro 9 de novembro. Haberá tamén un curso de autoestima e risoterapia do estrés para o empoderamento feminino que se desenvolverá o luns 23 de novembro.
A campaña contará coa presentación dun vídeo que se emitirá o 20 de novembro, mentres que a Caravana Morada estará o propio 25 de novembro no municipio en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas para informar sobre as políticas activas pola igualdade en Galicia.
Esta programación concluirá cun curso en vídeo de autodefensa persoal feminina, que levará tamén aparellada unha serie de temas divulgativos e informativos sobre esta materia.