Marín pon punto os seus cemiterios para a celebración do Día de Difuntos
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da brigada municipal de limpeza, leva a cabo estes días a posta a punto dos cemiterios municipais coa vista posta na próxima celebración do Día de Defuntos.
Este ano serán as medidas de prevención da covid-19 as que marquen o protocolo de seguridade que a Xunta de Galicia fará públicas nos próximos días para organizar o acceso de visitantes aos camposantos..
O Concello pide ademais a todas aquelas persoas que vaian limpar ou arrombar os seus panteóns que o fagan canto antes e de maneira ordenada para evitar aglomeracións nos días previos a Defuntos.
Por outra banda, a brigada de limpeza continúa realizando desinfeccións nos lugares máis frecuentados polos veciños como os accesos aos centros de saúde, os parques infantís ou os lugares de culto.