Marín, Bueu, Portonovo e Pontevedra acollen cursos de WhatsApp Marketing
Por Redacción
O curso de WhatsApp Márketing para a venda de produtos e servizos nas prazas de abastos é unha formación teórica e práctica que pon en marcha o Galp Pontevedra para sacarlle o máximo partido á plataforma WhatsApp e así aumentar as vendas de produtos e servizos.
O curso ten unha duración de dúas horas e realizarase en Marín, Bueu, Pontevedra e Portonovo e será impartido polo asesor e formador en márketing e tecnoloxía aplicada a empresas, Alberto Falcón.
A reserva de prazas pódese facer chamando ao 604 022 612 ou enviando un correo electrónico a elpescadoartesanal@gmail.com
Esta actividade está financiada pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca como actividade de dinamización do GALP Ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Récord de solicitudes para as axudas que xestiona o GALP Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
O GALP Ría de Pontevedra asesora aos proxectos relacionados co mar
Por Redacción |
-
A pesca artesanal súmase ao atractivo turístico das rías da man do GALP Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
As confrarías da ría impulsarán a comercialización directa dos peixes e mariscos
Por Redacción |