Sete aulas de centros escolares permanecen pechadas por COVID na área sanitaria
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde actualizou este martes os datos de afectación da COVID nos centros educativos de Galicia.
No que respecta ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, ata 30 escolas e centros de ensino presentan algún caso activo de coronavirus asociado á súa actividade.
Eses casos fan que, ao 29 de setembro, permanezan 7 aulas pechadas e con seguimento preventivo, sen que ningún centro cesase a súa actividade. Estes peches afectan a dúas aulas do CEIP Barcelos de Pontevedra, onde se contabilizan 4 contaxios na actualidade; ao CPI Mosteiro de Meis (4 casos); ao CEIP Cruceiro de Vilalonga, en Sanxenxo (1 caso); e ás escolas infantís da Parda en Pontevedra (2 casos), Tenorio en Cerdedo-Cotobade (1) e Casa do Mar de Marín (1).
Ademais rexístranse casos activos en:
- PONTEVEDRA: CPR Calasancio (2), CPR Los Sauces (1), IES Montecelo (2), Colegio Doroteas (2), IES Frei Martín Sarmiento (2), CEIP Santo André de Xeve (1), CEIP A Xunqueira Nº 1 (2), CEIP A Xunqueira Nº 2 (2), IES A Xunqueira Nº 1 (2), CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez (1), CEIP Cabanas (1).
- MARÍN: CPR Plurilingüe La Inmaculada (1), CEP Sequelo Marín (1), IES Mestre Landín (1).
- SANXENXO: CEIP de Noalla-Telleiro (1), CEIP Plurilingüe Nantes (1).
- POIO: Escola infantil Sek Atlántico (1).
- BARRO: CEIP Amor Ruibal de Barro (3).
- CALDAS DE REIS: CPI Alfonso VII (1).
- CERDEDO-COTOBADE: CEIP de Tenorio (2).
- RIBADUMIA: CPI Julia Becerra Malvar (1).
- VILAGARCÍA DE AROUSA: CPR San Francisco (4).
- VILANOVA DE AROUSA: IES A Basella (1), CEIP Plurilingüe Xulio Camba (1).
Relacionadas:
-
Os centros educativos da área acumulan cincuenta casos positivos
Por Oskar Viéitez |
-
Reabren dúas aulas en centros escolares da área sanitaria, que aínda mantén outras cinco pechadas por casos de Covid
Por Manu Otero |
-
"A día de hoy, no hay contagios en los colegios, son niños contagiados por sus padres o familiares"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Os centros educativos de Pontevedra e O Salnés suman 37 positivos por Covid-19
Por Natalia Puga |
-
Hai 31 casos de coronavirus en centros educativos de Pontevedra e a súa área
Por Oskar Viéitez |