Barro entregará máscaras aos centros educativos do municipio
Por Redacción
O Concello de Barro entregará nos vindeiros días máscaras hixiénicas reutilizables aos centros educativos do municipio para o seu reparto entre todo o alumnado.
A intención da administración local é axudar ás familias a paliar o importante gasto económico que vai supor a compra de máscaras durante todo o curso.
Segundo o Ministerio de Sanidade, as máscaras hixiénicas, xa sexan desbotables ou de tea, deben cambiarse ás catro horas de uso. Pasado ese tempo non se comprobou a súa eficacia.
Hai que ter en conta que as máscaras hixiénicas móllanse, humedecen ou manchan e poden perder propiedades. Deste xeito, cada neno necesitará, polo menos, dúas máscaras por día.