O Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor apura os últimos días do seu horario de verán
Por Redacción
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor apura os últimos días do seu horario de verán, que finalizará o próximo 13 de setembro. Ata ese momento, as portas deste espazo de visita estarán abertas de martes a domingo de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas.
Ademais, haberá visitas guiadas gratuítas ás 12.30 e ás 20.00 horas.
Os petróglifos de Mogor constitúen un importante atractivo polo seu rico valor patrimonial e histórico e supoñen unha xanela aberta ao modo de vida dos primeiros habitantes desta localidade marinense.
Desde o Concello lembran que este plan cultural pode gozarse con todas as estritas medidas de seguridade e hixiene.
Relacionadas:
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor abrirá en Semana Santa
Por Redacción |
-
O CIP de Mogor mantén a súa oferta diúrna e nocturna, con grupos reducidos, en agosto
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor volve recibir visitas este sábado
Por Redacción |
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor retomará a súa actividade o 13 de xuño
Por Redacción |