A Comisaría dá a benvida a 16 policías en prácticas
Por Redacción
A Comisaría Provincial de Pontevedra deu este mércores unha cordial benvida a 16 alumnos en prácticas que, tras superar o seu período formativo na Escola de Ávila, completarán o seu período de aprendizaxe na Policía Nacional de Pontevedra.
Os 16 alumnos que durante as próximas semanas traballarán de xeito conxunto cos axentes destinados á Comisaría de Pontevedra proceden maioritariamente de distintos puntos de Galicia, aínda que tamén hai algúns chegados doutras provincias españolas.
O seu período formativo comezou este mércores 2 de setembro e prolongarase durante máis de dez meses, ata finais de xullo de 2021. Neste tempo terán tempo de aprender a realizar distintas tarefas policiais nas que serán supervisados polos diferentes responsables policiais.
A benvida deste mércores deulla persoalmente a comisaria provincial, Estíbaliz Palma Varona, en compañía doutros mandos da Comisaría Provincial como a responsable da área de formación ou os xefes das brigadas nas que estarán destinados durante os próximos meses.
Relacionadas:
-
A Comisaría di adeus a 16 policías que completaron as súas prácticas en Pontevedra
Por Redacción |
-
A promoción de policías que probou a súa vocación durante a pandemia xura o seu cargo, por primeira vez, en Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Vinte policías en prácticas din adeus á Comisaría Provincial
Por Redacción |
-
A Policía incorpora 24 axentes en prácticas á comisaría de Pontevedra
Por Redacción |