Adolescentes de Sanxenxo comezarán o curso cunha campaña do CIM contra condutas machistas
Por Redacción
O Centro de Información á Muller de Sanxenxo prevé en setembro, co comezo do curso escolar, ofrecer unha campaña de prevención de condutas machistas entre os adolescentes de varios centros do municipio: no IES Vilalonga, o colexio Abrente e o IES Sanxenxo. No caso de que a situación sanitaria non permitise desenvolvelo de forma presencial ofreceríase telemáticamente.
Será outra das accións que o Concello sanxenxino leve a cabo contando cos fondos que achega o Ministerio e a Secretaría de Estado e Igualdade dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Accións como foron o Roteiro de Igualdade iniciada en marzo e que ofrece en enclaves emblemáticos de Sanxenxo apuntas de mulleres galegas pioneiras en diferentes ámbitos; campañas contra a violencia de xénero no deporte, entre a poboación infantil, escolares ou no comercio local.
De igual forma, as profesionais do CIM recibiron formación especializada en intervención para mulleres que
sufran violencia de xénero. Ata o pasado xullo, este persoal atendeu 290 consultas das cales case a metade precisaba atención psicolóxica, seguidas de asesoramento xurídico e asistencia a vítimas de violencia de xénero en 59 casos.
Neste tempo e mentres se prolongou o confinamento polo coronavirus, o CIM continuou prestando atención telefónica para paliar a imposibilidade do servizo presencial.
Relacionadas:
-
As atencións ás vítimas da violencia machista creceron un 24% en Sanxenxo
Por Redacción |
-
25N | Sanxenxo reclama combater a violencia machista "con seriedade e rotundidade"
Por Redacción |
-
O CIM de Sanxenxo, galardoado co Premio Nélida Piñón
Por Oskar Viéitez |
-
Organizan en Sanxenxo unha andaina solidaria contra a violencia machista
Por Redacción |
-
A Xunta premia os institutos de Vilalonga e Bueu polos seus traballos contra a violencia de xénero
Por Oskar Viéitez |