A Deputación entrega maquinaria para o proxecto de reciclaxe do "lixo electrónico"
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra fixo entrega este mércores de transpaletas para os nove puntos limpios incluidos no proxecto de reciclaxe do “lixo electrónico” do proxecto europeo ESTRAEE.
Asistiron o deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e a deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, xunto ao alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, o concelleiro de medio ambiente de Moaña en representación da Mancomunidade do Morrazo, Odilo Barreiro, e o concelleiro de medio ambiente de Vilagarcía, Lino Mouriño.
O acto de entrega tivo lugar no Parque de Maquinaria. Reciben estas transpaletas eléctricas valorada nun total de 80.912 euros os concellos de Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía de Arousa e a Mancomunidade do Morrazo (Cangas, Bueu e Moaña).
O proxecto ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) conta cun orzamento total de 2.145.000 euros e ten por finalidade impulsar no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). Está soportado ao 75% polo fondo FEDER, que achega algo máis de 1,6 millóns.
A Deputación de Pontevedra e o resto dos socios achegan os 536.381 euros restantes (a administración provincial destinou 227.000 euros do seu propio orzamento e o resto dos socios españoles, Revertia, ERP España e EnergyLab, e portugueses, ERP Portugal e Liport, achegan o resto).
Relacionadas:
-
A Deputación edita una guía sobre xestión de 'lixo electrónico'
Por Redacción |
-
Bueu instala na Casa do Concello un punto para depositar aparellos electrónicos
Por Redacción |
-
O punto limpo de Meaño xa está adaptado para xestionar residuos electrónicos
Por Redacción |
-
A Deputación leva aos concellos adheridos ao ESTRAEE 'miniecopuntos informativos' onde reciclar móbiles e tablets
Por Redacción |
-
A Deputación reactiva as obras nos ecocentros de xestión de residuos para a súa estrea no verán
Por Redacción |
-
A Deputación mellorará 9 puntos limpos na provincia
Por Redacción |