En setembro estará rematada a obra da rede de abastecemento e saneamento no Camiño de Xoalde
Por Redacción
O Concello de Bueu está a ampliar a rede de abastecemento e saneamento no Camiño de Xoalde, no lugar de Castrelo, situado na parroquia de Cela. Comezaron xa as obras que executa a empresa Catorvi Escavaciones SL.
Estes traballos están subvencionados polo Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial e foron adxudicados por un importe de 33.149,99 euros. Consisten na instalación dunha tubaxe de polipropileno de 250 mm. para o saneamento e doutra de polietileno para conectar o novo abastecemento coa rede municipal que pasa por esta zona de Castrelo.
Está previsto que as obras finalicen a mediados do mes de setembro. O alcalde Félix Juncal e o concelleiro de Cultura, Ensino e Medio Ambiente, Xosé Leal, visitaron as obras e anunciaron que se seguirá traballando desde o goberno local en completar os servizos básicos do rural, mellorando o acceso ás vivendas e solucionando as carencias en saneamento e abastecemento de auga.