Convocan unha protesta para reclamar máis profesorado no CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro
Por Redacción
A comunidade escolar do CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro móstrase preocupada ante as últimas decisións adoptadas pola Xefatura territorial da consellería de Educación.
Sinalan que están en descauerdo coas medidas adoptadas en relación co profesorado. Denuncian que César Pérez Ares, xefe territorial de Educación, decidiu suprimir dous profesores neste centro debido a que facían falta noutros colexios con maior número de escolares.
Desta forma, o Pedro Antonio Cerviño queda con só dous titores e tres especialistas para todas as clases de primaria, un número de profesionais insuficiente para abordar o curso, segundo manifestan.
Sinalan que representantes do goberno local de Campo Lameiro mantiveron un encontro co xefe territorial para reclamar un profesor máis. Con todo, non se produciu ningún avance neste sentido de fronte ao próximo curso escolar.
Yolanda Fentantes, presidenta do ANPA do centro, dirixiu un escrito a Pérez Ares a finais de xullo alertando de que a diminución de profesorado ante a nova situación derivada da pandemia provocará serias dificultades á hora de manter as porcentaxes, o distanciamento social e o adecuado nivel organizativo.
Afirman que nos últimos cursos se han acumulados escolares de primeiro e segundo de primaria e de terceiro e cuarto nunha mesma aula, mesmo compartindo profesores con outros centros educativos da zona, pero unha maior concentración do alumnado de diversos niveis, entenden, que poderían influír negativamente na formación dos estudantes de diversos niveis e idades.
#Ante esta situación e para reclamar un incremento do profesorado, o vindeiro mércores 12 ás 21.00 horas, a comunidade escolar convoca unha concentración diante as portas do centro escolar á espera dunha solución a estes recortes en materia educativa.
Relacionadas:
-
O PSOE presenta unha proposición no Parlamento para que se manteña o cadro de profesores en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Amplo apoio da cidadanía á concentración convocada da Anpa do CEIP de Campo Lameiro contra o recorte de profesorado
Por Redacción |
-
O Goberno municipal de Marín busca consensos na elaboración dun plan de cara ao inicio do vindeiro curso
Por Oskar Viéitez |
-
Rolda de visitas aos colexios de Sanxenxo para preparar o próximo curso
Por Redacción |
-
Campo Lameiro recupera o servizo habitual de subministro de auga e elimina os cortes nocturnos
Por Redacción |