Manteis hixiénicos, promocionais e igualitarios para apoiar á hostalería de Caldas
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis ofrece aos establecementos de hostalería do municipio ata 30.000 manteis dun único uso que aúnan varias intencións. Dunha parte, axudar a este sector económico nunha complicada tesitura provocada pola pandemia da COVID19.
Así o sinalaba o alcalde, Juan Manuel Rey, durante a presentación destes manteis de papel: "buscamos colaborar cos negocios da localidade facilitándolles unha parte dos recursos necesarios para afrontar esta nova normalidade".
Ao mesmo tempo estes tapetes promocionan turisticamente Caldas como parte do Camiño de Santiago, os seus recursos termais e o seu patrimonio histórico e cultural. Cada unidade está impresa cun plano do municipio no que indican eses lugares de interese, así como establecementos de hostalería.
As ilustracións correron a cargo do artista local Juanma Fernández. Tamén se engade un código QR co que se accede á aplicación 'As palabras no Camiño', creada polos alumnos do IES Aquis Celenis e que ofrece un xogo sobre Caldas de Reis e o Camiño Portugués.
A terceira das intencións que conciertan estes manteis é a de concienciar sobre a igualdade. Para iso hai unha referencia á campaña municipal 'Camiñando cara á igualdade'. Precisamente o financiamento económico para esta acción proviente dos fondos do programa de apoio a entidades locais do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Os establecementos interesados en dispoñer deste material poden recollelo no propio Consistorio.
Relacionadas:
-
250 troncos de cores nas prazas de Caldas para sensibilizar á poboación coa campaña 'Camiñando cara a igualdade'
Por Redacción |
-
Caldas súmase á campaña #MiPuebloSinBasuraleza e acondiciona o seu tramo do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Cultura Quente retoma o xoves a súa programación tras unha primeira semana de notable acollida
Por Redacción |
-
Programación dun servizo estival de conciliación en Caldas para compatibilizar vida laboral e familiar
Por Redacción |