A nova convocatoria de Practicum Depo ofrecerá estancias formativas en 13 países
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra recibiu da Unión Europea, no marco do programa Erasmus+ de educación, formación, mocidade e deporte, algo máis de medio millón de euros (571.051 euros) para impulsar a mobilidade pola Unión Europea de 111 alumnas e alumnos e dunha decena de profesores de Formación Profesional.
Esta nova convocatoria do programa 'Practicum Depo' contempla a participación de 37 centros educativos de 21 concellos da provincia cuxo alumnado poderá seleccionar realizar as súas mobilidades en países como Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Finlandia, Alemaña, Bélxica, Grecia e Holanda e, no caso do persoal docente, Irlanda, Malta, Italia, Portugal, Finlandia, Suecia, Estonia, Dinamarca, Islandia e Holanda.
Maioritariamente estas estancias serán de aplicación no ano 2021.
En liñas xerais, as prácticas do alumnado son de 182 días de media e a estadía do profesorado de ata 9 días.
O obxectivo global das mobilidades é colaborar na integración no mundo laboral do alumnado graduado en FP de ciclos medios, a través de prácticas en empresas e institucións europeas. Pola súa banda en canto ao profesorado, búscase que aprendan outros métodos e procedementos educativos.
Desde 2015 a administración provincial ha dedidcado a esta iniciativa 2,5 millóns de euros para custear as estancias no estranxeiro de 407 alumnos e 20 profesores.
Relacionadas:
-
Un millón de euros para dar continuidade ao Practicum Depo e que 90 estudantes fagan prácticas no estranxeiro
Por Redacción |
-
O investimento da Deputación para a contratación e inserción laboral chegará este ano aos 12 millóns de euros
Por Redacción |
-
A Deputación prepara o regreso do alumnado Erasmus
Por Redacción |
-
A Deputación adxudica 51 novas bolsas para prácticas de FP no estranxeiro
Por Redacción |