Pontevedra quere que a Xunta aclare como se poden retomar as verbenas e festas populares
Por Oskar Viéitez
As verbenas e festas populares, así como as atraccións de feira, volverán a Galicia a partir do 1 de xullo, segundo establece o decreto sobre a nova normalidade publicado este sábado no Diario Oficial de Galicia (DOGA).
A medida parécelle "rechamante" e " moi pouco rigorosa" á concelleira de Festas do Concello de Pontevedra, Carme da Silva que está "pendente" de que a Xunta aclare nalgún protocolo o modo no que estas actividades see poden levar a cabo con garantías. "Unha verbena co público sentado non parece unha verbena", comentou.
Está previsto que o 1 de xullo se reactiven "as festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións das feiras" di o DOGA sen máis aclaracións, algo que "nos sorprendeu" apuntou Carme da Silva.
"Agardo que a Xunta non faga como coas eleccións, que se poden celebrar pero despois hai que garantir os locais e iso o temos que facer outros", declarou a responsable de Festas.
Galicia tamén aprazou ata o 1 de xullo a actividade das discotecas e locais de lecer nocturno que, polo momento, poden ter actividade nas súas terrazas ao aire libre, cun límite do 75% de ocupación.
Tamén nesa mesma data esta previsto que se reactiven os establecementos que ofrezan xogos e atraccións recreativas para menores de 12 anos, espazos de xogo e entretemento e establecementos para a celebración de festas infantís.
Relacionadas:
-
Verbenas con máscara e un aforo máximo de 2.000 persoas a partir do 1 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo estrea unha "verbena piloto" con cita previa, público sentado e con máscara
Por Oskar Viéitez |
-
As festas de Pontevedra ofrecerán máis de 300 actividades para "volver a vivir a cidade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Orquestra Panorama cancela a súa xira polo coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Apertura de parques infantís e aforos ao 75%, así será a entrada na 'nova normalidade' a partir do luns
Por Redacción |
-
Galicia sairá do estado de alarma o luns ao aceptar o Goberno a petición da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Galicia prohíbe a apertura de discotecas e locais de lecer nocturno ata xullo
Por Redacción |
-
Por que os botellóns si e os locais de lecer nocturno non? Os empresarios rebélanse
Por María José Pita |