Poio solicitará espazos peonís no novo ramal da PO-308 en Raxó
Por Redacción
O Concello de Poio solicitará á Xunta de Galicia que habilite espazos peonís no novo ramal que une a estrada PO-308, tal e como pediron os colectivos locais.
Aínda que deixan a solución en mans dos técnicos da Xunta, desde o goberno municipal trasladan a posibilidade de que se poida facer unha beiravía reducindo parte dos carrís.
O novo vial, dende a recentemente creada rotonda de Rabo de Porco, conecta coa rúa da Igrexa á altura da Casa do Mar e ao pé do consultorio médico.
Desde a SDC Raxó apuntan que, pese a ser executado no seu día "non sen polémica" debido ao seu alto impacto, ambiental, económico e visual, agora comprobouse que "non satisfai as expectativas" e que "entorpece" ademais a posible conexión "racional" da rúa Leopoldo Novoa coa propia PO-308.
A iso suman as "anomalías de vulto" detectadas na estrada como a imposibilidade de acceso para os peóns, a ausencia de pasos de peóns e beiravías e dos carrís de circulación que, polo seu escaso espazo, "non permiten unha cómoda circulación rodada ".
Esta circunstancia, segundo o colectivo veciñal, fai que sexa un punto "conflitivo", especialmente tendo en conta que, tamén por parte da Xunta, pechouse mediante un muro a saída que a rúa da Igrexa tiña coa PO-308.
De aí que reclamen tamén as melloras necesarias que permitan a circulación de peóns e vehículos "con absoluta seguridade e comodidade".
Relacionadas:
-
O BNG de Poio pide limitar a velocidade a 30 km/ h na Avenida da Barca
Por Redacción |
-
O concelleiro de Urbanismo insiste nas numerosas anomalías da reforma viaria que a Xunta acomete en Raxó
Por Redacción |
-
A Xunta lamenta a "absoluta falta de colaboración do Concello de Poio" nas obras da estrada PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio denuncia a instalación de contedores de lixo municipais que dificultan o paso de peóns na PO-308
Por Redacción |
-
Poio pide medidas á Xunta para evitar que a mobilidade peonil se vexa "comprometida" en Raxó e Covelo
Por Redacción |