Rescatados os dous mariñeiros do "Batman" que encallaron en Udra
Por Oskar Viéitez
Os dous tripulantes de "Batman", unha embarcación con base en Bueu, foron rescatados despois de encallar na contorna de cabo Udra, na parroquia de Beluso.
O suceso tivo lugar sobre as seis da madrugada. Trátase dunha lancha duns sete metros que no momento do accidente faenaba ao polbo.
Os dous mariñeiros foron recollidos polo barco "Azor 14", que os trasladou ao porto de Bueu.
Segundo explicaron ás autoridades, o motor da embarcación sufriu unha avaría despois de enganchar a hélice nun cabo. Entón o barco quedou exposto á forte ondada e sen capacidade de manobra polo que os dous mariñeiros lanzáronse ao auga antes de que a lancha batese contra as rochas.
Finalmente " Batman" quedou encallado entre as pedras.