7 de 50 traballadores de limpeza do Hospital Provincial dan positivo nos test rápidos de Covid-19
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A empresa Acciona Facilities Services, concesionaria do servizo de limpeza no Hospital Provincial e Hospital Montecelo, comezaba este xoves 16 a realizar entre o seu persoal do Hospital Provincial test rápidos de detección do Covid-19 que permiten valorar se as persoas que se someten aos mesmos son portadores do virus ou non, ou se teñen creado anticorpos contra o mesmo.
Sete dos 50 traballadores que realizan o seu labor neste centro hospitalario daban positivo nestas probas e quedan agora pendentes dunha nova intervención que confirme este resultado, segundo informa Nicolás Sobrado, delegado da UGT.
O representante sindical sinala que todos os casos son asintomáticos. Recoñece que os primeiros días do estado de alarma foron "un caos", pero días despois o SERGAS facilitoulles máscaras hixiénicas, luvas e se mantiveron todos os protocolos de seguridade sanitaria. Ademais, Nicolás Sobrado non ocultaba a súa sorpresa por estes resultados tan elevados: "Traballamos nunha zona sensible, si, pero o risco é moito menor que en Montecelo", apunta ao indicar que no Hospital Provincial non hai pacientes internos contaxiados polo Covid-19.
As probas empezaron este xoves e continuarán este venres en horario de 9.00 a 14.00 horas nas instalacións do Hospital Montecelo. A empresa realiza as probas como resposta á petición do Comité de Empresa e en base ao establecido no artigo 18 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
Desde a representación sindical de UGT botan en falla un protocolo de actuación ante a continxencia dos posibles positivos, así como a coordinación necesaria có Servizo de Prevención do Complexo Hospitalario e a validación do método aplicado e a súa intervención posterior.
Ademais, ven necesario que estas probas se fagan de maneira periódica co fin de coñecer a situación da transmisión nun centro asistencial que debe contar coa máxima seguridade neste aspecto.
Relacionadas:
-
Concentracións para demandar probas PCR para o persoal sanitario
Por Redacción |
-
Catro de 85 traballadores do servizo de limpeza de Montecelo dan positivo nas probas de coronavirus
Por Anxo Lourido |
-
Sanidade confirma o contaxio por coronavirus de 75 sanitarios, dos que 22 se recuperaron
Por Natalia Puga |
-
Un traballador da lavandería do Hospital: "Ante os primeiros positivos solicitamos máscaras e se nos negaron"
Por Anxo Lourido |
-
Alertan de que oito dos dez traballadores da lavandería do Hospital Provincial contaxiáronse
Por Redacción | Creada e actualizada