Marín desmente un bulo que asegura que autorizará saír a pasear durante o estado de alarma
Por Redacción
O Concello de Marín viuse obrigado este xoves a desmentir un bulo que está a circular por grupos da aplicación WhatsApp nas últimas horas e que podería levar a engano a moitos veciños da localidade. Trátase dunha mensaxe no que indica que se poderá saír a pasear dentro do municipio durante o estado de alarma, unha información que é falsa e que podería levar aos marinenses para incumprir as normas.
O aviso do Concello quere alertar de que se trata dunha información falsa e fai un chamamento á cidadanía para que se informe só a través de fontes oficiais. Desde as redes sociais oficiais da administración local está a difundirse información real coas restricións do estado de alarma activado polo Goberno central con motivo da alerta sanitaria polo coronavirus e desméntese esta mentira.
Neste caso, á gravidade de difundir información falsa súmase que a persoa que empezou o bulo faise eco dunha decisión que atribúe ao propio Concello de Marín, segundo a cal a administración local deixará aos veciños saír a pasear polas vías urbanas do termo municipal en grupos máximos de dúas persoas con máscaras e respectando unha distancia de dous metros.
Nin o Concello está autorizado a permitir estes desprazamentos nin son legais conforme ao estado de alarma.
#COVID19 AVISO! Está a circular esta mensaxe por Whatssap. Trátase dunha INFORMACIÓN FALSA. Infórmate só por fontes oficiais para coñecer a última hora relativa a esta crise sanitaria. pic.twitter.com/kT06AxFiv1
— Concello de Marín (@ConcellodeMarin) April 16, 2020
Relacionadas:
-
Marín prepara os seus parques infantís para cando comece o desconfinamento
Por Redacción |
-
As farmacias de Marín xa dispoñen das primeiras máscaras confeccionadas polo voluntariado
Por Redacción |
-
O Concello de Marín colabora cos centros educativos para proporcionar material e ferramentas aos alumnos
Por Redacción |
-
Ata 158 marinenses van confeccionar máscaras que o Concello distribuirá entre a poboación
Por Redacción |