A Policía Nacional investiga a morte dun bebé en Vilagarcía
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional investigan as causas da morte dun bebé de meses nun edificio da rúa Cervantes de Vilagarcía de Arousa.
Este venres, tras ser alertados, os policías acudiron á vivenda onde constataron que o corpo non tiña signos de violencia.
A hipótese que se baralla apunta a causas naturais pero a Policía abriu unha investigación de oficio como ocorre sempre neste tipo de casos.
Tanto os axentes como a comitiva xudicial e os empregados da empresa funeraria utilizaron os traxes de protección individual (EPI) e aplicaron todos os protocolos establecidos con motivo da pandemia do Covid-19.