Ritmos e percusión brasileira na segunda edición do festival Ruxe Marín
Por Redacción
A Finca de Briz volverá a ser este ano o escenario que recibirá a batucada e percusión brasileira con motivo da nova edición do festival Ruxe Marín. O evento esta organizado pola agrupación Butacada Os Da Caña en colaboración co Concello de Marín e celebrarase a fin de semana do 22 ao 24 de maio.
Os concelleiros Manuel Santos e María Sanmartín presentaron o evento esta semana no Concello xunto cos representantes da Batucada e das demáis bandas participantes. A agrupación arxentina Cafundó, "unha das mellores bandas internacionais" en palabras de Arán De la Iglesia, membro de Os Da Caña, será a encargada de abrir o evento co seu número percusivo e cun obradoiro de timbau o venres 22 de maio.
A programación do sábado combinará un obradoiro de percusión sobre técnicas e tradicións africanas e brasileiras, que comezará ás 10:30 horas, os números das batucadas e os espectáculos de maxia, que se repartirán ao longo da tarde, e as actuacións de DJ Jorge Álvarez e o grupo de gaitas xunto cunha queimada para pechar a xornada.
O festival rematará o domingo co desfile musical do "macrobloco" polas rúas de Marín, que reunirá aos participantes dos obradoiros para poñer a proba os ritmos aprendidos.
Relacionadas:
-
O concerto de Carlos Núñez trasládase ao auditorio do Colexio San Narciso
Por Redacción | Creada e actualizada