Pontevedra despide febreiro co inicio da Liga de Petanca
Este sábado comeza unha nova tempada da liga de petanca de Pontevedra. Durante os próximos catro meses, doce equipos mediranse entre eles para ver quen se alza finalmente co título de campión.
A Agrupación de Petanqueiros de Pontevedra comeza este ano cunha nova directiva, liderada por José Gallego, que chega con ilusión para afrontar unha nova e emocionante etapa.
Tino Fernández, en representación do Concello, mostra o apoio que está a darse á petanca mediante a construción dos novos campos. O concelleiro de deportes explica que xa teñen as máquinas en marcha no Burgo e espéranse, como mínimo, outros dous campos, un en Monte Porreiro e outro en Salcedo.
Desde a asociación animan a todas as persoas interesadas a achegarse para ver a competición e sentir o ambiente. José Gallego fai un especial chamado a mulleres e mozos, cuxa participación é ínfima, e ínstaos a descubrir este deporte, no que asegura que o van a pasar ben
Relacionadas:
-
Posta a punto dos campos de petanca e chave de Xeve e o Centro Sur
Por Redacción |
-
Acondiciónase a parcela situada detrás do Pavillón para acoller un novo parque con dúas pistas de petanca
Por Redacción |
-
O Concello inicia as obras para dotar de dous campos de petanca ao barrio do Burgo
Por Oskar Viéitez |