Recollida de sinaturas e protestas no pleno, primeiras medidas sindicais contra a privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Anxo Lourido
O persoal do servizo de Axuda no Fogar de Sanxenxo decatouse da intención do goberno local de Sanxenxo, que lidera Telmo Martín, de privatizar este sistema de protección social a través dos medios de comunicación. José Luis García Pedrosa, secretario de organización de Comisións Obreiras, denunciaba este xoves que o alcalde de Sanxenxo incumpriu co Estatuto de Traballadores ao non manter informado o comité de empresa de Terras de Sanxenxo, entidade á que pertence o persoal, desta decisión.
Desde este sindicato alertan de que a decisión supoñerá un incremento de gastos para as arcas municipais e García Pedrosa afirma que a decisión adoptada é para "castigar ás traballadoras" que mantiñan accións reivindicativas nunha campaña iniciada fai máis dun ano na que se reclamaban melloras laborais e salariais. Indica que na Oferta Pública de Emprego aprobada hai dous meses, o goberno local consideraba que este servizo tiña que ser propio e, en cambio, agora decide externalizarlos.
CC.OO. e a CIG, con representación tamén no comité, manterán unha xuntanza cos partidos da oposición co obxectivo posto en que no pleno ordinario do 30 de marzo non se aprobe esta medida. Dentro da campaña que teñen prevista van recoller firmas entre a veciñanza das parroquias de Sanxenxo e tentar sensibilizar socialmente sobre este tema e tentar sumar apoios para realizar unha gran protesta durante ese pleno da corporación.
García Pedrosa alerta de que están dispostos a "pelexar contra esta privatización igual que fixemos no caso do Parque de Maquinaria" e anuncia medidas de carácter legal respecto a a Oferta Pública de Emprego na que se establecía unha oferta para 23 prazas para este servizo como persoal laboral fixo en Sanxenxo.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Tensión no Pleno de Sanxenxo pola privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo fixa para o día 9 os dous plenos extraordinarios suspendidos polo estado de alarma
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo acusa á oposición de "trasnoitada e hipócrita" por "axitar o medo da falsa privatización"
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición solicita un pleno extraordinaria ante as pretensións de Telmo Martín de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Cidadáns critica ao concello por privatizar o SAF
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo convocará en marzo un concurso para adxudicar o Servizo de Atención no Fogar
Por Redacción |