![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6c6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5967becf88-6298484328_a3e3922dc9_b.jpg)
© Instituto Cervantes
Os cursos de español para inmigrantes organizados pola Deputación obtiveron un 87% de aprobados no DELE A2
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un 87,8% do alumnado que realizou os cursos de español para inmigrantes organizados no 2019 pola Deputación de Pontevedra aprobou o exame do DELE A2, unha proba que é requisito indispensable para que poidan solicitar logo a nacionalidade española.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva cualificou de "moi positivos" estes resultados e indicou que se está a preparar unha nova convocatoria das accións, que volverán desenvolverse ao longo deste 2020 nas súas sedes de Pontevedra e Vigo.
Estes cursos chegaron a súa terceira edición o pasado ano e participaron un total de 55 persoas.
A actividade está orientada á preparación do citado DELE A2 (Diploma de Español como Lingua Estranxeira, nivel A2), porque esta proba require unha preparación previa e ten un custo económico que dificulta o acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación, complicando así o seu proceso de integración na provincia como cidadanía de pleno dereito.
Relacionadas:
-
Aberta a inscrición para os cursos de español para persoas inmigrantes da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación pon en marcha un novo curso de español para inmigrantes
Por Redacción |
-
A Deputación de Pontevedra convoca un novo curso de español para personas inmigrantes
Por Boris Rodríguez Pintos |