Unha muller resulta ferida grave no impacto entre dous vehículos en Mourente
Por Cristina Saiz & Redacción
Un vehículo quedaba envorcado na N-541, entre Pontevedra e Ourense, tras impactar contra outro que se atopaba estacionado, cando circulaba á altura da parroquia de Mourente en dirección a Bora.
Unha muller que baixaba nese momento do coche aparcado resultaba ferida de gravidade e foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida dos danos causados polo impacto. O accidente rexistrábase pasado o mediodía cando un dos turismos golpeaba con violencia contra o outro na parte traseira.
Froito deste golpe, tamén resultaba ferida a persoa que conducía o vehículo. Ata o punto achegouse unha ambulancia de Urxencias-061 e axentes da Garda Civil.