Incautan 9.000 euros en calzóns falsificados na peaxe da AP-9
Por Redacción
Ata 9.000 euros. É o prezo que alcanzaría no mercado a partida de roupa falsificada que a Garda Civil incautou na peaxe da AP-9, en Vilaboa.
Os axentes, que realizaron un control selectivo de vehículos durante a mañá do mércores, interceptaron un coche en cuxo interior había 720 calzóns falsificados de diferentes marcas comerciais, entre elas Calvin Klein ou Tommy Hillfiger.
A roupa interior masculina levaba etiquetas, supostamente falsificadas, que presuntamente se pretendía vender en postos de venda ambulante.
Ao comprobar que o condutor carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á incautación preventiva das prensas falsificadas.
O vendedor ambulante, un home de nacionalidade marroquí de 36 anos, foi denunciado por un delito contra a propiedade industrial e as dilixencias contra el, xunto coa roupa, serán entregadas no Xulgado de Instrución 2 de Cangas.
Relacionadas:
-
Dous lugueses, sorprendidos con 700 gramos de haxix na peaxe da AP-9 en Vilaboa
Por Redacción |
-
Incautan unha partida de roupa falsificada na peaxe de Vilaboa
Por Redacción |
-
Requisan 60 mochilas e máis de 200 prendas de roupa falsificada no mercado ambulante de Marín
Por Redacción |
-
A Garda Civil retira do mercado 2.630 artigos falsificados valorados en 116.604 euros
Por Redacción |