Unha persoa resulta ferida de gravidade en Vilagarcía nunha saída de vía
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida de consideración despois de sufrir un accidente durante a mañá deste luns 6 de xaneiro. O vehículo saíase da vía ás 07.30 horas cando circulaba pola Rúa Pablo Picasso, segundo a información facilitada polo 112 Galicia.
Un particular alertaba ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia ao escoitar o forte golpe que produciu o vehículo ao impactar tras saírse da vía.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaba os axentes da Policía Local de Vilagarcía, que xa tiñan coñecemento do suceso. Tamén se trasladaba o aviso á Garda Civil de Tráfico, que alertaba da presenza dunha persoa ferida con lesións de gravidade.