Polo Nadal, diversión para os máis pequenos na Comandancia da Garda Civil
Por Redacción
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra está a espremer o Nadal ata o último minuto con actividades centradas na infancia. Un grupo de nenos tivo este sábado unha xornada do Nadal nas instalacións do Paseo Domingo Fontán na que estiveron moi presentes os Reis Magos, que chegarán esta noite.
Así, os máis tardóns aproveitaron para deixar cartas destinadas aos Reis Magos na caixa de correo real do Centro Operativo Complexo (COC) da Comandancia.
Os pequenos realizaron diversas actividades de entretemento e diversión, así como unha charla de seguridade impartida polo propio persoal da Garda Civil de Pontevedra.