Os Cidade de Pontevedra buscan candidaturas: quedan cinco dias
Por Redacción
As persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados en presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra poderán facelo ata o próximo domingo 5 de xaneiro.
Ata o momento, non consta que se presentaran candidaturas, aínda que é posible que algunha chegara durante os últimos días, pois as propostas poden entregarse por Rexistro no Concello de Pontevedra tanto en persoa como por vía electrónica e ata este xoves non se fará reconto.
Os Premios Cidade de Pontevedra teñen como finalidade galardoar o relevante labor desenvolto na modalidade individual por unha persoa física e, na modalidade colectiva, por persoas xurídicas (asociacións, entidades ou colectivos de carácter cultural, social xuvenil, empresarial, etc..).
O xurado terá en conta e valorará especialmente o labor desenvolto no ano que corresponda en base á memoria presentada coa candidatura.
Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón de Pontevedra.
Os candidatos poden ser propostos por calquera asociación, institución, entidade ou colectivo do municipio de Pontevedra; sen que poida ningunha delas propoñerse a ela mesma. Ditas propostas sinalarán os datos posibles do candidato ou candidatos propostos. Deberase adxuntar tamén unha memoria xustificativa que saliente a traxectoria persoal e profesional de cada un dos candidatos propostos.
Relacionadas:
-
Os premios Cidade de Pontevedra 2019 son para Esdemga e Rosario Álvarez
Por Manu Otero |
-
Rosario Álvarez, José Portela Leirós, Fundación Amigos de Galicia e Esdemga optan aos Premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |