A Deputación adxudica as accións formativas do programa 'Labora 2020'
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou na súa última reunión a adxudicación, mediante procedemento aberto, do contrato para a prestación do servizo de formación do proxecto 'Labora 2020', que comprende o desenvolvemento de 21 accións formativas en 9 concellos da provincia.
Nestas accións a administración provincial investirá 751.937,41 euros.
En concreto, no que respecta a a comarca de Pontevedra, as itinerario "Actividades auxiliares e de almacén" en Barro foi adxudicado á Autoescola Cíes e en Cambados a Campus CIP; no que respecta a "Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil", terá lugar en Pontevedra a cargo de Magnafor Qualitas; "Operacións básicas de restaurante bar" foi adxudicado en Cambados a Grupo Avantfor; mentres que "Competencias clave para a obtención do nivel 2 (galego, lingua e matemáticas)" desenvolverao en Vilagarcía Kaeme Consultoría e Prevención e en Pontevedra Norformación.
Ademais da formación específica, o proxecto inclúe en cada un das itinerarios xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas e accións específicas en igualdade e non discriminación, así como en desenvolvemento sustentable.
Pola súa banda, todos os itinerarios que conducen á obtención de certificados de profesionalidade contemplan, tamén, a realización de prácticas profesionais non laborais. As accións formativas, terán un mínimo de 10 participantes e un máximo de 15, o que supón que ao redor de 315 persoas poderanse beneficiar de Labora 2020.