O Consello parroquial de Salcedo apoia o proxecto da nova Casa de Cultura co rexeitamento da Banda de Música
Por Redacción
O Consello parroquial de Salcedo entende que a nova Casa de Cultura debe atender as necesidades de toda índole que se van desenvolver na parroquia e non só as relacionadas coa Banda de música de Salcedo. Así decidíase na reunión mantida este martes 16 por todos os colectivos que forman parte deste conselo parroquial salvo a propia Banda de música de Salcedo e o Anpa do Colexio de Cabanas, segundo informaba o concelleiro Demetrio Gómez Junquera.
Á reunión deste Consello asistiron dous representantes pertencentes á plataforma cidadá que se creou para reclamar a construción dunha Casa de Cultura "digna" que expuxeron os seus argumentos que se fundamentan nun incremento do aforamento previsto no proxecto inicial e na ampliación do escenario do recinto previsto. Non obstante, as propostas non recolleron o apoio da maioría.
O proxecto conta cun presuposto próximo ao medio millón de euros e, a partir de agora continuará o proceso adminitrativo para que se constrúa tal e como estaba previsto inicialmente.