Un mozo de 14 anos colle o coche á súa irmá e encáixao contra un poste no Grove
Por Oskar Viéitez
Un mozo de 14 anos resultou ileso despois de sufrir un accidente de circulación este sábado no camiño de Boibás, no concello do Grove. O sinistro obrigou a cortar o camiño e un carril da estrada de Meloxo.
O mozo conducía o coche da súa irmá que durmía na súa casa allea a todo o suceso.
Cando os axentes da Policía Local acudiron ao lugar dos feitos atopáronse o poste do tendido telefónico derrubado no chan e o vehículo baleiro.
Tras pescudar a identidade do propietario do coche acudiron ao seu domicilio atopándose co rapaz que recoñeceu os feitos e acompañou aos axentes ao lugar do accidente para explicar o que ocorrera.
Afortunadamente o mozo non sufriu dano algún e tampouco causou outros danos persoais a terceiros.
A policía local trasladará as dilixencias á fiscalía de menores.