O Concello de Ponte Caldelas retira árbores das marxes do río e das estradas para evitar caídas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas está inmerso nunha campaña de prevención de accidentes e inundacións a través da retirada de árbores secas do leito do río e da contorna das estradas. "Existe un alto riesfo de que as árbores secas poidan caer sobre os viais en calquera momento, máis durante un outono tan chuvioso como o que se está sucedendo", explican desde o goberno local.
Estes traballos permitiron que nas xornadas nas que o Verdugo chegou a desbordarse o leito fluvial estivese limpo e non houbese tantos obstáculos nas beiras que puidesen provocar tapóns ou accidentes. Tamén actuaron os operarios municipais sobre aqueles troncos que estaban danados e poderían caer sobre o río, estradas, vehículos ou peóns. Os traballos continuarán nos próximos días ata a completa retirada de todas as árbores danadas.
Aínda que son os propios traballadores municipais os que asumen estas tarefas, desde o Concello de Ponte Caldelas lembran que é a Xunta de Galicia a que ten as competencias do mantemento das ribeiras dos ríos. Por iso critican que o goberno autonómico descargase sobre os concellos o deber de arrombar as beiras "sen transferir fondos para executar eses traballos", aseguran nun comunicado.
"O Concello asume este gasto, previa autorización de permisos por parte da administración autonómica, porque non queremos unha situación de perigosidade a carón do noso río”, indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.
Relacionadas:
-
Melloran o asfalto da estrada de Taboadelo, en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas tardará varios días en recuperarse do paso dos temporais
Por Redacción |
-
Andrés Díaz pide á Xunta que faga un bo acceso para o lugar da Sorreira
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas e Poio 'desbordan' polas fortes choivas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas prorroga os orzamentos á espera de coñecer o custo da Sogama da auga
Por Redacción |