O PP chama covarde ao BNG e afirma que "tienen miedo a aprobar su Plan General porque no les gusta"
Por Anxo Lourido
Ante a comisión de Infraestructuras convocada para mañá, o concelleiro do Partido Popular, Ricardo Aguilar, témese que o Bloque Nacionalista Galego intente paralizar o proceso para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM). Baséase en que na reunión previa o concelleiro de Patrimonio, Luis Bará, reclamaba propostas ao Partido Popular e ao Partido Socialista que acordaran en pleno que se retomase o PXOM no prazo dun ano.
Segundo os populares, xa non é necesario realizar novas propostas porque o único que reclaman é pedir que o plan anterior se formule de forma legal con informes xurídicos para poder levalo ao pleno.
Ricardo Aguilar indicou que con estas estratexias reclamando novas propostas, o BNG pretende evitar unha solución para o PXOM e asegurou que "quieren perder el tercer mes tras la aprobación plenaria con estos juegos".
Así dixo que non van aceptar enredos nin complicacións e acusou ao BNG de ser covarde "porque tienen miedo al Plan general y están intentando tapar con los asuntos de ENCE y con el nuevo Hospital su acto de cobardía porque su plan general parece que no les gusta".
En caso de que na comisión de Infraestructuras non se produza un avance reclamarán que se cumpra o acordo plenario aprobado por PP e PSOE coa oposición do BNG.
Relacionadas:
-
Tres versións distintas para unha soa comisión sobre o PXOM
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra actualizará o PXOM xa redactado e enviarao de novo á Xunta para a súa aprobación
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera 'reactiva' o PXOM dando un paso atrás e deixando a súa tramitación en mans de PSOE e PP
Por Alejandro Espiño |