600 firmas para reclamar que substitúan durante o verán á pediatra especialista en diabete no Hospital Provincial
Por Anxo Lourido
Trinta familias conforman unha nova asociación nacida en Pontevedra e creada para defender os dereitos dos nenos e adolescentes diabéticos en toda Galicia. Este colectivo denominado Anedia iniciou as súas accións reivindicativas cunha recollida de firmas para reclamar que se cubran as ausencias da pediatra especializada neste centro, Aurora Pavón, por outro médico especialista en diabete infantil.
Segundo denuncia Ana Pérez, presidenta de Anedia, actualmente cando a doutora non está "o Sergas atrasa ás citas, remítete a un nutricionista ou en caso de urxencia a un pediatra non especializado" "en diabete". Dende o colectivo indican que se producen situacións como que un paciente recén diagnosticado con esta enfermidade pase unha semana hospitalizado e chega a recibir unha alta médica sen ser atendido por un doutor especialista. Na actualidade, este servizo atende a preto de cen nenos que sofren esta enfermidade.
Esta mañá, luns 15 de xullo, entregaron máis de 600 sinaturas no Hospital Provincial esixíndolle ao xerente, José Manuel González, unha solución a esta demanda, ademais de reclamalo unha reunión para tratar outras cuestións.
Neste sentido, sinalou que o Servizo Galego de Saúde non paga as lancetas para realizar picadas nos dedos necesarios para as probas de control de glicosa.
En todo caso, a asociación centrou os seus primeiros esforzos en conseguir o compromiso por parte da Consellería de Cultura e Educación de que se realicen actividades formativas en Pontevedra durante o primeiro trimestre do próximo curso para obter un servizo de educación diabetolóxica para os pais e nenos. A asociación xa se puxo en contacto cos pediatras especializados en diabete infantil en Galicia e cos colexios nos que se encontra algún alumno con esta patoloxía mentres puxo en marcha unha campaña de recollida de información dos protocolos para a atención dos alumnos con diabete.
Relacionadas:
-
O apalpador visitará a Casa Azul para concienciar sobre a diabete infantil
Por Redacción |
-
O CHOP revisará a atención a nenos con diabete, pero non refozará o servizo con outra pediatra especializada
Por Redacción |
-
O CHOP aclara que os nenos con diabete foron atendidos "con normalidade" e os pais que "non houbo especialista"
Por Redacción |
-
A asociación de nenos con diabete denuncia que o CHOP os deixou mes e medio sen atención específica
Por Oskar Viéitez |