Maica Larriba impulsa as propostas de mellora na N-640 ao seu paso por Cuntis
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, mantiveron unha reunión de traballo para realizar un seguimentos a diferentes aspectos de mellora na localidade relacionados cos proxectos de reforma e mantemento que afecta á travesía urbana da N-640, dependente do Ministerio de Fomento.
Por este motivo tamén se contou coa presenza do Director Provincial de Estradas, Pablo Domínguez e a tenente alcalde de Cuntis, Conchi Campos, para explicar as propostas municipais e as pequenas obras de mellora nesta competencia estatal.
Respecto diso, o alcalde de Cuntis, demandou obras de acondicionamento como rozas e reasfaltados que mellorarían a calidade viaria da localidade considerablemente. A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, expresou o seu compromiso con estas iniciativas municipais "que redundan na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Cuntis, polo que considero importante impulsar este tipo de proxectos á administración central ".
Pola súa banda, o responsable provincial de estradas tamén se comprometeu a iniciar os estudos previos para expoñer as propostas ao Ministerio de Fomento.
Relacionadas:
-
A subdelegada trasladará ao Ministerio de Transportes os problemas de seguridade viaria na N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
Catro feridos en dous accidentes case simultáneos en Cuntis
Por Redacción |
-
O BNG promete medidas no Congreso para "darlle a volta" aos tramos urbanos das N-550, N-640 ou N-541
Por Redacción |
-
Fomento mellora a seguridade viaria da nacional N-640 ao seu paso polo centro urbano de Cuntis
Por Redacción |