A Policía Autonómica comisa 4 quilos de percebe e 1,5 quilos de nécora en Poio
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Autonómica de Pontevedra comisaron, o pasado venres 29 de novembro, dúas caixas con 4 quilos de percebes así como 1,5 quilos de nécoras.
Os axentes estaban a realizar labores de prevención e loita contra o furtivismo no concello de Poio cando detectaron un furgón isotérmico, que se atopaba nunha pista de terra próxima á estrada nacional de Pontevedra a Poio. Os axentes observaron como na parte traseira estaban almacenadas caixas de marisco.
Nese momento, os axentes procederon a realizar unha inspección para comprobar a trazabilidade dos produtos que había no interior do furgón: 4 quilos de percebe e 11 pezas de nécora.
Os produtos carecían das mínimas garantías hixiénicas e da preceptiva documentación de adquisición e trazabilidade, polo que se descoñecía a súa data e zona de extracción. Por estas razóns, os produtos supoñían un potencial risco para saúde dos compradores.
Polo tanto, ao carecer das etiquetas de trazabilidade, factura de compra e documentación que acreditara a procedencia legal dos produtos, os axentes procederon ao comiso do marisco, que foi entregado posteriormente ao Centro Benéfico do Banco de Alimentos.
Relacionadas:
-
Identifican dous furtivos reincidentes con case 20 quilos de ameixa extraída ilegalmente na praia da Ostreira
Por Redacción |
-
Buscan os furtivos que extraeron cinco sacos con 362 quilos de ameixa ilegal en Lourizán
Por Redacción |
-
Atopan un cabalo desnutrido e a outros dous mortos nunha leira de Meis
Por Oskar Viéitez |