Editan unha guía gastronómica coas oito festas de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
As oito festas culinarias que anualmente se celebran no municipio de Cerdedo-Cotobade veñen de ser recompiladas nunha guía de turismo gastronómico que ten unha tirada inicial duns mil exemplares.
A elaboración deste documento enmárcase no plan turístico Cuspedriños10, que chega a súa cuarta edición este outono e que conta coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia.
Así, dá detalles das citas do Petote de Carballedo, o Becerro Ecolóxico ao Espeto de Viascón, o Requeixo de Corredoira, as Manciñas de Porco de Aguasantas, a Filloa de Valongo, o Pan de Millo e Ovo de Tenorio, o Caracol de Santa María de Sacos e o Bolo de San Martiño de Borela.
A guía informativa ofrece datos das épocas de celebración, as parroquias e outros detalles de todo o circuíto completo de festas gastronómicas do municipio co obxectivo de favorecer o seu coñecemento entre a veciñanza e os turistas.
O alcalde, Jorge Cubela, agarda que este material informativo sirva para complementar as accións de promoción que o goberno municipal fai destas festas para que cada ano "collan máis sona e público e sigan sendo un atractivo máis destas terras".
Relacionadas:
-
Viascón celebra o domingo a VII Festa Gastronómica do Becerro Ecolóxico ó Espeto
Por Redacción |
-
Valongo quenta as cociñas para celebrar esta fin de semana a Festa da Filloa
Por Redacción |
-
Aempe aposta polo desenvolvemento industrial en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cuspedriños10 difundirá os valores turísticos e culturais do concello
Por Redacción |
-
Filloas para dar e tomar este sábado en Valongo
Por Redacción |